A Concellería de Comercio aposta pola viabilidade do Mercado do Berbés
O concelleiro de Comercio, Lois Pérez Castrillo, realizou unha visita de inspección ó Mercado do Berbés para constatar o estado das instalacións do mesmo e as obras realizadas recentemente no mesmo.O concelleiro estivo acompañado da presidenta da Asociación de Comerciantes do mercado, María Teresa Vázquez e a xerente do mesmo, Inmaculada Marín Gómez.
A Concellería de Comercio, en colaboración coa Consellería de Innovación, Comercio e Industria, realizou diversas obras no mercado do Berbés este ano, entre elas, a máis importante, foi o cambio da cuberta que estaba moi deteriorada e producía filtracións. Investiuse neste concepto a cantidade de 28.257,36€. Asemade, o Concello adicou unha partida de 10.000€ á renovación dos desaugues, cañerías e impermeabilización das mesmas.
Por outra parte, e dadas as deficiencias que presenta o mercado na actualidade, o Concello e maila Asociación de Comerciantes do Mercado, decidiron realizar un estudio de viabilidade que permita unha aproximación ás necesidades de remodelación do mesmo.
A necesidade do estudio de viabilidade ven determinada por unha serie de circunstancias constatadas de declive nas ventas, escasa sinerxia co comercio da zona, deficiente competitividade, desertización do Casco Vello, a pesar da calidade dos productos que se ofertan no devandito mercado.
Estas circunstancias levan a considerar a necesidade de elaborar un estudio de viabilidade, que realice un diagnóstico da situación, unha definición das carencias, tanto estructurais como puntuais que ten o mercado, así como unha proposta de remodelación da infraestructura do mercado e programa de actuacións.O estudio estará preparado no mes de novembro.
Unha vez coñecido o resultado da fase de diagnose, a Concellería proponse a elaboración dun Anteproxecto arquitectónico do mercado, onde se definirá a ordenación espacial, funcional e redistribución organizativa, accesibilidade, organización interna, reforma de espacios, urbanismo comercial, recomendacións de adaptación á lexislación vixente en materia medioambiental e outras. Asemade, realizarase un Estudio de viabilidade económica e financieira do mercado, mediante a valoración económica de todas e cada unha das propostas de actuación que se deriven do estudio de viabilidade e que se conteñan nas conclusións do traballo, así como fases de actuación e fórmulas de financiamento do investimento proposto.
Por último, e derivado do estudio, realizarase un programa de actuacións para a dinamización do mercado. No que se desenvolverá un programa de accións a emprender co obxecto de garantir a viabilidade do mercado. Propostas para a xestión do mercado, así como medidas de dinamización e promoción. Medidas de marketing e estratexia comercial a adoptar, proposta de actuacións e relacións co contorno do mercado. Definición da isocrona de influencia destas accións.
O Concelleiro de Comercio, pola súa parte, insitiu na necesidade de garantir a subsistencia deste mercado senlleiro na zona, que deberá funcionar como locomotora económica da súa área de influencia e como axente revitalizador do propio Casco Vello. Segundo Lois Pérez Castrillo "os mercados deben funcionar como elementos configuradores de centralidade, xa que o mercado municipal implica proximidade, paseo, uso da rúa e alta densidade de relacións sociais, feito este que temos que potenciar e desenvolver co esforzo de todas as administracións".
Descargar todas as imaxes