Escoitar

O Salón do Anticuario abre as súas portas na Estación Marítima

O alcalde, Ventura Pérez Mariño, inaugura na Estación Marítima a segunda edición do Salón do Anticuario que organiza a Asociación Galega de Anticuarios e que contarán coa presencia de 17 profesionais galegos.

mércores, 8 out 2003
1065617740anticuario1.jpg
II Salón del Anticuario
A mostra ofrecerá ó público numerosas pezas de arte entre as que destacan, pola novidade un stand dedicado ó Art Decó e moble inglés e francés dos séculos XVIII e XIX, ademais de artistas de renome como Colmeiro, Lugrís, Leiro, Torras ou Seoane, entre outros. Os coleccionistas e afeccionados ó arte poderán contemplar todo tipo de pezas de arte: escultura, tallas, xoiería, porcelana, que comprenden un abano que vai desde o século XIII ó XX.

O mercado do arte e as antigüidades en España moveu ó ano pasado un volume total de 600 millóns de euros, segundo un informe do departamento de Estudios da Feira de Antigüidades de Barcelona. Os principais países ós que España exporta máis obras de arte son Rusia, Xapón e Suíza.

O Salón permanecerá aberto do 8 ó 12 de outubro.
Descargar todas as imaxes