Turismo potenciará a creación do Convention Bureau
O Concelleiro de Turismo, Lois Pérez Castrillo, pronuncio onte a lección inaugural da Escola Superior de Turismo Welton co título "O Turismo en cifras" na que defende unha política de diversificación dos productos turísticos para paliar a estacionalidade da demanda.
Castrillo explicou que o obxectivo prioritario da Concellería neste momento a creación do Convention Bureau, é dicir, un ente que se dedique especificamente a facilitar a organización de congresos e que permita desenvolver na cidade unha programación estable, cun aproveitamento dos recursos racionalizado.