Escoitar

O alcalde visitou as obras do segundo cinto

O alcalde de Vigo, Ventura Pérez Mariño, visitou as obras do segundo cinto de circunvalación e asegurou que estará pendente da súa evolución.

mércores, 25 xuñ 2003
Mariño entrevistouse cos membros da empresa constructora do segundo cinto de circunvalación para transmitirlles unha mensaxe de ánimo e comprobou as obras que están en fase de movementos de terra. O alcalde foi informado do impacto ambiental desta actuación sobre o río Barxa e das posibilidades existentes para tratar de paliar os seus efectos, así como do movemento do campo de fútbol de Beade.

A evolución das obras do segundo cinto será un dos temas prioritarios que prevé tratar o alcalde na entrevista solicitada ao ministro de Fomento, Francisco Álvarez Cascos.

O segundo cinto de circunvalación discorrerá polas parroquias de Valadares, Matamá, San Andrés de Comesaña, Coruxo e San Paio de Navia.