xoves, 26 xuño 2003

Venda de entradas para o concerto de Caetano Veloso

xoves, 26 xuñ 2003

O programa "Para Vigo me voy" iníciase o 2 de xullo ás 23:00 no auditorio de Castrelos coa actuación de Caetano Veloso. As entradas pódense adquirir a partir das 11:00 do venres 27 de xuño en Vigo, Santiago, A Coruña, Ourense e Pontevedra.

Actos do alcalde

xoves, 26 xuñ 2003

O alcalde, Ventura Pérez Mariño, recibiu a consulesa de Uruguai nunha visita protocolaria e inaugurou o "I Salón da subcontratación industrial, servicios e subministros: Plataforma 2003" no recinto feiral de Cotogrande.

O autobús turístico inicia o servicio de verán

xoves, 26 xuñ 2003

Hoxe entrou en funcionamento o servicio do bus turístico que pon en marcha a concellería de Turismo e que durará ata o 26 de setembro. O bus realizará catro viaxes ó día comezando o seu primeiro itinerario ás 10.00 h. e rematará o seu último percorrido ás 20:30 h.