Escoitar

O Parque Tecnolóxico e Loxístico será modélico na distribución dos espacios segundo as necesidades empresariais

O alcalde, Ventura Pérez Mariño, os concelleiros Amador Fernández e María Xosé Fernández e técnicos municipais visitaron as obras do Parque Tecnolóxico e Loxístico de Vigo.

mércores, 25 xuñ 2003
O Parque Tecnolóxico e Loxístico de Vigo será "unha obra modélica en canto á distribución dos espacios das parcelas adxudicadas á medida das necesidades de cada empresa", afirmou o alcalde. A finalización destas obras está prevista para decembro de 2003.

Ventura Pérez Mariño dixo que "o Concello quere establecer as bases para a creación do solo industrial co fin de reducir a taxa de desemprego e apoiar os novos emprendedores". Preténdese tamén crear un catálogo de solo industrial coas posibilidades que se ofrecen desde a creación do Parque Tecnolóxico e Loxístico e as necesidades da cidade para favorecer as sinerxias.