venres, 27 xuñ 2003
O Torneo internacional de fútbol base Vigocup que se celebrará do 29 de xuño ao 5 de xullo en diversos lugares de Vigo será especial pola numerosa participación, xa que acudirán máis de 200 equipos do panorama nacional e internacional.
venres, 27 xuñ 2003
O alcalde de Vigo, Ventura Pérez Mariño, entrevistouse con representantes da Asociación de comerciantes Zona Centro e da Federación de veciños "Eduardo Chao".
venres, 27 xuñ 2003
O concelleiro de Educación, Xulio Calviño, clausura o curso das escolas infantís municipais no acto que se celebra na tarde do venres na escola Atalaia de Teis. Neste curso participaron un total de 178 meniños nestes centros de ensino.
venres, 27 xuñ 2003
Os participantes neste campamento, organizado pola Concellería de Xuventude, terán a oportunidade de vivir unha aventura ambientada na época castrexa, a cultura que predominaba xusto antes da chegada dos romanos. Os interesados poden inscribirse na Casa da Xuventude.
venres, 27 xuñ 2003
Este fin de semana comenza unha nova edición do Castro Bule de verán 2003 que se levará a cabo durante a xornada do sábado. A Concellería de Xuventude desenvolve esta actividade dentro do programa "Súbete o Castro". Durante o día de programación desta terceira edición os organizadores pretenden superar ós 1000 asistentes do ano anterior. Se preveé a asistencia de xóves de toda Galicia e incluso de outras comunidades.
venres, 27 xuñ 2003
30 asuntos centran a orden do día da Comisión de Goberno que se reunirá o luns, día 30, a partir das 9 da mañá.