Escoitar

O Concello proseguirá coa limpeza de mantemento do túnel de Beiramar

Unha comisión integrada polo alcalde e os concelleiros de Limpeza, Tráfico e Medio Ambiente comprobaron a limpeza efectuada no túnel de Beiramar que proseguerá cun mantemento semanal.

martes, 24 xuñ 2003
O túnel de Beiramar pechou ao tráfico na madrugada do 23 ao 24 de xuño para acometer unha limpeza exhaustiva co paso dunha varredora, a eliminación de cascallos e os bloques separadores de carrís que conforman a mediana. Esta actuación enmárcase na política de mantemento que se efectuará cada semana e de maneira máis intensiva periodicamente.

Ventura Pérez Mariño, Amador Fernández, María Xosé Porteiro e Xulio Calviño comprobaron os resultados da limpeza realizada de madrugada. O concelleiro de Tráfico anunciou que se realizará unha limpeza de choque profunda con gran maquinaria cando sexa preciso e na vindeira actuación procederase á retirada das bolsas de plástico para a terra.