Escoitar

Manuel Vilas expón na Casa de Xuventude

A Casa da Xuventude acolle a partir do martes 24 de xuño unha mostra de José Manuel Vilas de arte diversa. A inauguración da exposición será ás 19:00 horas na Casa da Xuventude, na sala que ten a disposición de novos artistas e creadores así como para colectivos de interese xuvenil.

luns, 23 xuñ 2003
Esta mostra en particular corresponde a un novo artista que amosará obras realizadas con diferentes soportes e técnicas. A colección componse de fotos, acuarelas, témperas, esculturas elaboradas con pezas ensambladas, creacións en metal, madeira e outros elementos.

Todos aqueles que queiran coñecer a obra e mais o artista poden asistir á inauguración do evento. As obras permanecerán expostas ata o venres 4 de xullo e poderán contemplarse de luns a venres en horario de mañás de 10:00 a 14:00 e pola tarde de 17:00 a 21:00 na Casa da Xuventude na rúa López Mora nº 31.

Máis información