Escoitar

O alcalde felicita o médico premiado no XIII Congreso da Sociedade de Uroloxía

O alcalde de Vigo, Ventura Pérez Mariño, visitou ás 10:30 o Servicio de uroloxía de Povisa para felicitar o doutor Fernando Meijide, distinguido co primeiro premio no XIII Congreso da Sociedade Galega de Uroloxía.

luns, 23 xuñ 2003
Meijide gañou o galardón polo vídeo titulado "Imaxe e rexistro real da incurvación peneana" que explica unha nova técnica de diagnóstico para pacientes con curvaturas de pene severas que deben ser operados. Este traballo foi elixido tamén como mellor vídeo científico no XI Congreso Nacional de Androloxía.

O éxito da nova aplicación espertou interese na comunidade médica española e Meijide será convidado a participar nun seminario organizado polo departamento de Uroloxía e o gabinete de sexoloxía da Universidade de La Laguna, en Tenerife.

Máis información