Escoitar

A Oficina de Rehabilitación, na web municipal

A Oficina Municipal de Rehabilitación dispón dun apartado de seu na web do Concello, www.vigo.org , na que o cidadán pode coñecer o labor que desenvolve e as modalidades de proxectos de restauración en inmobles susceptibles de recibir subvencións.

luns, 23 xuñ 2003
Ademais, a sección ofrece unha completa información sobre as contías e porcentaxe do presuposto cuberto polas axudas segundo a actuación prevista; así como dos criterios de selección das solicitudes.

A Oficina Municipal de Rehabilitación xestiona as subvencións á recuperación de edificios e de vivendas, tramitando todo o proceso de solicitude dende a visita técnica inicial ata a documentación final de cada intervención e o pago final das axudas por parte do Concello.

A incorporación deste novo apartado na web municipal insírese no esforzo que está a realizar o Concello para achegar, cada vez máis, a administración local aos cidadáns.