Escoitar

Iníciase o campus polideportivo coa participación de 200 rapaces

A Fundación Vigo en Deporte, en colaboración co Instituto Municipal dos<br /> Deportes e con tódolos equipos de elite da cidade, pon en marcha a IV edición do Campus polideportivo Vigo 2003.

luns, 23 xuñ 2003
O Campus polideportivo é un programa destinado a rapaces de 8 a 16 anos no que poderán achegarse á práctica de distintas modalidades, dende a iniciación ata o perfeccionamento, da man das mellores entidades deportivas da cidade. Este programa pretende desenvolver unha serie de actividades
deportivas e recreativas posibilitando o coñecemento de varias modalidades.

Actividades de baloncesto, balomán, voleibol, fútbol sala e hoquei a patíns e outras complementarias como xogos, natación, deporte orientación, xogos de animación ou actividades acuáticas son algunhas das propostas.

A xornada desenvolverase no complexo deportivo das Travesas de 10.00 a 18.00 horas de luns a venres, pola mañá celebraranse as actividades deportivas e pola tarde as complementarias. O prezo é de 45 euros con servicio de catering incluído. O Campus polideportivo celebrarase dende o luns 23 ata o venres 27 de xuño.

As entidades colaboradoras son Celta Banco Simeón, o Club Vigo de Voleibol, Octavio Pilotes Posada, Club San Xoán Futbol Sala, Seis do Nadal de Baloncesto, Club Vigo Stick de Hoquei a Patíns, Xuvenil de Voleibol e Amfiv.

Máis información