O I Premio Salón do emprendedor reparte 3.000 euros entre os galardoados
O concelleiro de Desenvolvemento Local e Emprego en funcións, Delfín Fernández Álvarez, fixo entrega do I Premio do Salón do emprendedor do Atlántico á iniciativa empresarial ós galardoados nas diferentes modalidades.
Coa presencia de representantes da Asociación de Jóvenes Empresarios de Galicia (AJE), do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), da Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP) e de Produccións Gálata, tódolos eles membros do xurado, o concelleiro de Desenvolvemento Local e Emprego, Delfín Fernández Álvarez, fixo entrega, na sala anexa á Alcaldía, do I Premio do Salón do Emprendedor do Atlántico á Iniciativa Empresarial ós galardoados nas diferentes modalidades.
O proxecto empresarial "Mandarina", baseado na producción de proxectos infográficos multimedia, recibiu o premio na categoría de nova idea empresarial, cunha dotación económica de 1.000 €, pola súa natureza innovadora, a súa viabilidade e madurez, así como polas as características das emprendedoras, mulleres, menores de 30 anos e para as que este será o seu primeiro emprego.
Por outra parte, na modalidade de novas empresas unha das galardoadas foi "Galisol", ó ter en conta o seu proceso de constitución (monitor e alumnos dun curso de Formación Ocupacional), a forma xurídica (cooperativa), a súa actividade de instalación de sistemas de enerxía solar térmica e a ubicación no Centro de Iniciativas Empresariais da Granxa. A outra actividade galardoada como nova empresa é "Gesdim Ingenieros, S.L", de asistencia técnica a estaleiros en control dimensional, na que se valorou a calidade do proxecto, o carácter innovador e por actuar no sector da construcción naval de gran importancia na cidade, con outra dotación de 1.000 €.
A Concellería de Desenvolvemento Local e Emprego, no marco do Servicio de asesoramento a emprendedores (SAE), coa edición deste Premio Salón do Emprendedor pretende, por unha banda, establecer un instrumento para a promoción de boas ideas empresariais, proxectos e persoas que os leven a cabo; e por outra, poder impulsar iniciativas empresariais que teñan un interese estratéxico polo seu impacto na actividade económica de Vigo.
O obxectivo do galardón na modalidade de Ideas empresariais foi o de premiar aqueles proxectos empresariais que incidan na dinamización socio-económica da súa zona de implantación, debendo posuír un carácter innovador e ser viable técnica, económica e financeiramente. No caso das Novas empresas, o premio foi para o labor daqueles emprendedores que crearon unha empresa con sede social no ámbito xeográfico de Vigo, desde o 1 de xaneiro de 2002 ata o 1 de marzo de 2003.
Descargar todas as imaxes