As festas de verán prolongaranse durante un mes
Caetano Veloso, Tamara, La Cabra Mecánica e Juanes actuarán nas festas de Vigo deste verán. Teatro, cinema, zarzuela, corais e parques infantís completan as actividades que durante un mes encherán a programación de lecer en diversos lugares da cidade cun orzamento de 960.000 euros.
A concelleira de Festas e Animación Sociocultural en funcións, Isaura Abelairas, presentou a programación das festas deste verán que dispón dun orzamento de 807.228 euros por parte da Administración municipal, ao que se engaden as achegas de empresas patrocinadoras. O presuposto total para contratación, promoción publicitaria, producción técnica, venda de entradas e Cruz Vermella é de 960.000 euros (160 millóns de pesetas)
Na pasada edición percibíronse 430.000 euros dos colaboradores, indicou Abelairas, mentres que nesta ocasión Zona Franca non quere axudar a sufragar os gastos e quedan pendentes de ingresar varias entidades por unha contía de 110.000 euros. FCC achegará 60.000 euros, Seragua 18.030, Guinnes 34.000 e Cruzcampo 9.000 euros.
Abelairas lamentou a falta de implicación empresarial nas festas estivais a pesar de que patrocinan outros grandes proxectos culturais, polo que os recortes da programación afectáronlle ás Noites temáticas. Este ano disponse de 260.000 euros menos para a organización con respecto á edición anterior.
Dentro do IV Festival latino internacional "Para Vigo me voy" actuarán o mércores 2 de xullo Caetano Veloso, o luns 28 de xullo Los de Abajo e Elíades Ochoa y el Cuarteto Patria. O martes 29 de xullo será a quenda de Trío Mocotó e Chico César, o mércores 30 de xullo de La Cabra Mecánica e o venres 1 de agosto de Juanes.
O martes 15 de xullo actuará Goran Bregovic e o sábado 19 de xullo haberá unha Noite de Zarzuela: "Agua, azucarillos y aguardiente" e "La Gran Vía". O sábado 26 de xullo actuará Tamara, o sábado 9 de agosto Maceo Parker, o mércores 13 de agosto Los Suaves e Talesien e o xoves 7 de agosto Primal Scream.
Descargar todas as imaxes