A nova unidade didáctica "De igual a igual" aborda as distintas opcións sexuais
A cuarta unidade didáctica "De igual a igual" pretende fomentar o respecto ás distintas opcións sexuais na educación dos nenos e rapaces vigueses. A concelleira de Muller e Educación en funcións, Ana Gandón, xunto a unha das autoras do documento, Beatriz Suárez Briones, presentaron o texto que será distribuído en tódolos centros de ensino do concello, públicos e privados.
Gandón denunciou que "non debía ser o Concello senón a Consellería de Educación quen editase o documento, pero dado que non o fai, pretendemos suplilo modestamente". A concelleira salientou a importancia de traballar cara a formación integral dos menores, na que a educación sexual é esencial.
Pola súa banda, Beatriz Suárez explicou que a unidade "é a primeira desta índole que se publica en Galicia, e a terceira no ámbito estatal, logo das tiradas en Asturias e Madrid". A autora destacou o labor de visibilización e identificación da iniciativa para os adolescentes non heterosexuais que ata o de agora non sentían a súa presencia nos textos escolares.
Os exercicios propostos na guía abordan cuestións como sexo e xénero, heterosexualidade, homosexualidade, bisexualidade, transexualidade ou homofobia, "sempre dende unha óptica pedagóxica que persegue, ante todo a claridade", segundo afirmou Suárez Briones.
Descargar todas as imaxes