sábado, 14 xuñ 2003
Durante a sesión realizáronse tres quendas de intervencións. Na primeira, os voceiros dos grupos expuxeron as súas vontades cara á elección de alcalde. Posteriormente, e xa trala designación de Pérez Mariño, os voceiros da oposición interviñeron para felicitar o novo alcalde, que pechou finalmente o acto nun discurso ao público asistente.
sábado, 14 xuñ 2003
Os resultados das eleccións municipais celebradas o domingo 25 de maio distribuíron os 27 edís da Corporación entre as distintas forzas políticas, concedéndolle provisionalmente 10 concelleiros ao Partido Popular (PP), 8 ao Partido Socialista de Galicia (PSdeG-PSOE), 7 ao Bloque Nacionalista Galego (BNG) e 2 a Progresistas Vigueses (PROVI).
sábado, 14 xuñ 2003
Ventura Pérez Mariño, por parte do PSdG-PSOE, e Lois Pérez Castrillo, polo BNG, asinaron un acordo para gobernar a cidade de Vigo durante o período 2003/2006.