As intervencións dos voceiros e do novo alcalde
Durante a sesión realizáronse tres quendas de intervencións. Na primeira, os voceiros dos grupos expuxeron as súas vontades cara á elección de alcalde. Posteriormente, e xa trala designación de Pérez Mariño, os voceiros da oposición interviñeron para felicitar o novo alcalde, que pechou finalmente o acto nun discurso ao público asistente.
En primeiro lugar, interveu a voceira da lista máis votada, Corina Porro, do Partido Popular. Na súa alocución, lembrou que o PP fora a forza máis votada nas eleccións e expuxo os principios que rexerían o programa de goberno do Partido Popular para Vigo. Ao seu remate, Corina Porro lembrou que un alcalde "debe, por riba de todo, defender a súa cidade e reclamar, onde sexa preciso, o que á súa cidade lle cómpre." Louvou no equipo presentado polos populares "a súa capacidade e o seu esforzo sostido" e anunciou que os concelleiros e concelleiras do seu grupo a votarían a ela como alcaldesa.
A seguir, tomou a palabra a voceira socialista, a concelleira María Xosé Porteiro, que se referiu ao acordo asinado por nacionalistas e socialistas uns minutos antes. Para Porteiro, o PSOE e o BNG teñen que darlle resposta ao desexo da cidadanía de que haxa un pacto "progresista, socialdemócrata e de compromiso con Galicia" na cidade. "Estamos destinados a entendernos, non só en Vigo, senón tamén noutros lugares que o tempo decida", engadiu Porteiro, que manifestou tamén a crenza do seu grupo de que Pérez Mariño "é o candidato que Vigo precisa".
A continuación falou o voceiro nacionalista, Lois Pérez Castrillo, que comezou anunciando a xa sabida vontade do BNG de votar a Pérez Mariño como alcalde da cidade. Fundamentou Castrillo a súa decisión no número de votos nas eleccións municipais, pero "tamén na sinatura do acordo programático de goberno", que anuncia "unha maioría sólida sobre un programa sólido". Para Castrillo, o goberno de coalición é "a fórmula idónea, pois garante a continuidade dos proxectos iniciados" e presentou o seu desexo de "abrir a acción de goberno aos cidadáns".
O voceiro de Progresistas Vigueses, Manoel Soto, pechou a quenda de intervencións, manifestando o obxectivo do seu grupo de defender a Vigo e a Galicia, "indisolublemente asociados", e a súa disposición a colaborar "na gobernabilidade da cidade, con proxectos que serían altamente beneficiosos para Vigo". Felicitou publicamente a Ventura Pérez Mariño e pediulle que asumise "a responsabilidade de gobernar para todos", engadindo que, de ser así, atoparía "moita xente disposta a traballar con vostedes por un Vigo mellor".
Finalmente, o xa alcalde Ventura Pérez Mariño dirixiuse aos vigueses e viguesas presentes no auditorio do Concello coas súas primeiras palabras como alcalde. Manifestou a súa emoción persoal por chegar ao cargo e prometeu que escoitará e atenderá os cidadáns as 24 horas do día. Pérez Mariño sinalou como eixos do seu mandato o entendemento entre os políticos, a contribución á prosperidade e ao benestar e a participación da cidadanía. En referencia ao novo goberno de coalición, o alcalde sinalou que se ía "conformar un goberno único", segundo "un pluralismo que debemos defrontar", aproveitando "todo o positivo do traballo das anteriores corporacións, significado por Lois Castrillo". Lembrou para si que "as cadeiras, os despachos que logo ocuparemos, o poder municipal, non son nosos, senón do pobo", agradeceulle á cidadanía, pero especialmente á súa familia e aos militantes socialistas o seu apoio e rematou recitando un poema de Celso Emilio Ferreiro titulado "Unha palabra".