Escoitar

Teatro Aforo presenta a obra "O cepillo de dentes" en Bembrive

Teatro Aforo ofrece o sábado 14 de xuño unha representación da súa obra "O cepillo de dentes" na Sociedade Cultural e Deportiva "Helios" de Bembrive a partir das 21:00 horas.

venres, 13 xuñ 2003
A representación forma parte da programación de "Vigo a escena", actividade organizada pola concellería de Festas e Animación Sociocultural.

"O cepillo de dentes" achéganos a través de distintas situacións á vida e ós conflictos cotiás dunha parella. Con diálogos aparentemente incoherentes entretécese unha historia que nos induce a reflexionar sobre o absurdo da condición humana e a súa repercusión na vida.

A obra está interpretada por Pilar Dios e Jean Marc Van Loo, e da dirección escénica ocúpase Leonel García Laborde.