Escoitar

Toba presenta a cartografía dixital do municipio de Vigo

O Concello de Vigo xa dispón dunha cartografía dixital de todo o termo municipal que permitirá mellorar a xestión dos padróns e facilitará os traballos de planeamento urbanístico. A cartografía elaborouse a través dun convenio co Centro de Xestión Catastral do Ministerio de Facenda.

martes, 10 xuñ 2003
1055244143Plano.jpg
Presentación do plano
A nova cartografía permite localizar todas as parcelas do municipio e comprobar a súa propiedade e as súas características. En palabras do concelleiro de Facenda, Xavier Toba, "máis ca un plano da cidade trátase dunha base de datos".

Toba lembrou que existía un convenio co Centro de Xestión Catastral para realizar este traballo dende 1990, pero que non se comezou a desenvolver ata 1999. Na súa opinión, a elaboración desta cartografía era esencial para poder realizar unha xestión eficaz e moderna dos impostos e taxas municipais e para facer máis doado o traballo urbanístico.

Para crear a cartografía fixéronse dous voos que permitiron obter ortofotos de todo o termo municipal. Os planos foron elaborados na escala 1:1000 e están dispoñibles en formato Centro, DGW e DGN. Xavier Toba explicou que esta documentación serviu de base para o novo Plan xeral de ordenación municipal.
1055244143Plano.jpg
1055244395Plano2.jpg
Descargar todas as imaxes