Escoitar

A Cruz Vermella terá postos en seis praias de Vigo

O Concello de Vigo asinará un convenio coa Cruz Vermella para que esta organización estableza postos de primeiros auxilios en seis praias do municipio. A Comisión de Goberno aprobou este convenio que suporá un desembolso económico para o Concello de 100.000 euros.

luns, 9 xuñ 2003
Os postos da Cruz Vermella comezarán a funcionar o vindeiro día 15 e permanecerán en servicio ata o 15 de setembro. A súa ubicación é a seguinte:

Samil – xullo e agosto tódolos días de 10:00 a 21:00 horas. Xuño e setembro durante as fins de semana. 4 socorristas, 1 conductor de ambulancia.
Rodas (Cíes) – xullo e agosto tódolos días dende a chegada do primeiro barco ata a saída do derradeiro. Xuño e setembro durante as fins de semana. 2 socorristas e un médico.
O Vao – Xullo e agosto tódolos días de 10:00 a 21:00 horas. Xuño e setembro durante as fins de semana. 2 socorristas.
Saians – Xullo e agosto, os sábados, domingos e festivos. 2 socorristas.
A Punta (Teis) – Xullo e agosto, os días laborables de 15:30 a 21:00 horas e os sábados, domingos e festivos de 10:30 a 21:00 horas. 2 socorristas.
A Fonte - Xullo e agosto tódolos días de 10:00 a 21:00 horas. Xuño e setembro durante as fins de semana. 2 socorristas.