Escoitar

Aprobada unha modificación puntual do Plan especial de ordenación do Porto

A corporación en funcións aprobou definitivamente a modificación puntual do Plan especial de ordenación do Porto formulada pola Autoridade Portuaria de Vigo, por iniciativa do Consorcio da Zona Franca e do Concello de Vigo.

venres, 6 xuñ 2003
1054900730pleno1.jpg
Sesión plenaria
Esta aprobación produciuse tras desestimar a alegación presentada por "Voces do litoral de Teis" e introducir no artigo 29 da ordenanza 11 o seguinte parágrafo: "Deberase realizar un estudio de tráfico e accesos, anexo ao proxecto do centro comercial e aparcamentos que deberá ser supervisado e aprobado pola Concellería de Tráfico, Seguridade e Transportes".

A corporación en funcións acordou tamén que o campo municipal de herba sintética que se atopa en Samil pase a se denominar "Campo municipal de Samil Armando Cajaraville". Ademais, decidiuse solicitarlle á Xunta de Galicia que lle dean o nome de "Enrique X. Macías ao novo Conservatorio de música de grao medio".

Aprobouse unha rectificación do acordo plenario de 27 de novembro de 2002 sobre a superficie a disposición da Xunta de Galicia en terreos anexos ao centro escolar de primaria Doutor Fleming, unha parcela de 2.746 m2 de superficie. O Concello fai esta cesión á Xunta de Galicia para construír un novo centro escolar debido á alta matriculación neste colexio, dos poucos situados no centro da cidade, xa que se considera necesaria a modernización e ampliación das instalacións.
Descargar todas as imaxes