venres, 6 xuñ 2003
O concelleiro de Facenda, Xavier Toba, presentoulle ao pleno da corporación municipal o informe elaborado pola empresa Fitch Ratings España sobre o estado das finanzas do Concello de Vigo. Nese informe cualifícase como boa e estable a execución presupostaria e como moderado o grao de endebedamento da institución.
venres, 6 xuñ 2003
A corporación acordou promover o mellor funcionamento do servicio de limpeza de edificios catalogados, inmobles de valor aínda que non teñan tal consideración e todas as pezas do noso patrimonio. Ademais de establecer a vixilancia necesaria e unha disciplina de sancións que inclúa maior cantidade para as pintadas, pegada de carteis e outros danos nestes inmobles e outras pezas de interese, se disporá a elaboración dun protocolo para facer o seguimento axeitado de cómo evoluciona a situación deses elementos co propósito de limpar, reparar ou ordenar reparar e todo o que sexa necesario para o seu correcto mantemento.
venres, 6 xuñ 2003
O alumnado dos cursos do programa formativo de cestería tradicional recibiu os diplomas acreditativos que foron entregados pola concelleira de Patrimonio Histórico en funcións, Carme Corbalán.
venres, 6 xuñ 2003
O club Montañeiros Celtas organiza no parque de Castrelos actividades<br />
para achegar a xente miúda á montaña dentro do programa de dinamización do uso do idioma galego entre os máis pequenos promovido pola Concellería de Normalización lingüística. A cita será o sábado 7 de xuño ás 12:00 horas.
venres, 6 xuñ 2003
Na categoría nacional seleccionáronse como mellores xogadores españois sub-21 a Portillo, do Real Madrid, e a Xavi Alonso, da Real Sociedad.
venres, 6 xuñ 2003
O domingo 8 de xuño a partir da 13:00 horas sete avións do Exército do Aire que forman a "Patrulla Águila" realizarán unha exhibición aérea sobre a Ría de Vigo e que organiza a Concellería de Cultura.
venres, 6 xuñ 2003
A Comisión de Goberno reunirase o luns en sesión ordinaria a partir das nove da mañá, coa seguinte orde do día: