Escoitar

Ainhoa Zuazua clausura o ciclo de música Xeración 2000+3

A soprano Ainhoa Zuazua acompañada ó piano de Francisco Borja darán o concerto de clausura do ciclo de música de novos intérpretes "Xeración 2000+3" que organiza a Concellería de Cultura. O concerto de carácter gratuíto comezará ás 20.30 horas do venres no auditorio do Conservatorio de Música de Vigo.

xoves, 5 xuñ 2003
Ainhoa Zuazua, soprano Naceu en 1980 en Ermua, onde comeza os seus estudios na escola de música; obtén no Conservatorio Bartolomé Erzilla de Durando no ano 1998 o título de grao medio. Recibe clases maxistrais de Alejandro Zabala e Victoria de los Ángeles e posteriormente ingresa na Escola Superior de Canto de Madrid. Atópase actualmente estudiando na Universitat Fur Musik Und Darstllendekunst de Viena onde ingresou no ano 2002.

Francisco de Borja Mariño,piano Naceu en Vigo, onde inicia os seus estudios musicais que remata en Madrid. Recibiu os Premios Juventudes Musicales (1994) e Xoves Concertistas da Xunta de Galicia (1998). Especializado en repertorio vocal, a súa presencia é habitual nas salas de concertos españolas xunto a cantantes líricos.
Colaborou co Teatro Real de Madrid, Teatro de la Zarzuela, Calderón (Valladolid) e Campoamor (Oviedo). Recentemente tivo ó seu cargo a dirección musical de "La voix humaine" de Poulenc.

PROGRAMA
-Canciones amatorias, Enrique Granados (1867- 1916)
-Cancións francesas de inspiración española
-Toréador, Francis Poulenc (1899-1963)
-Vocalise-étude en forme de habanera,
Maurice Ravel (1875-1937)
-Les filles de Cadix, chanson espagnole,
Léo Delibes (1836-1891)

Ópera

-Don Pasquale: "Quel guardo il cavaliere... Sò anch‚io la virtù magica", Gaetano Donizetti (1797-1848)
-Lucia di Lammermoor: "Regnava nel silenzio... Quando rapito in estasi" Aria de Lucia, Cavatina de Norina
-Rigoletto: "Gualtier Maldè... Caro nome" Aria de Gilda,
Giuseppe Verdi (1813-1901)

Zarzuela

-La Marchenera: "Tres horas antes del día" Petenera de Valentina, Federico Moreno Torroba (1891 ˆ 1982)
-La Zapaterita: "Hoy te pido por favor claridad" Canción del espejo de Manola, Francisco Alonso (1887 ˆ 1948)
-El barbero de Sevilla: "Me llaman la primorosa" Polaca de Elena,
Gerónimo Giménez (1854 ˆ 1923)