Ultímase a memoria das actuacións do Urban no Barrio Histórico de Vigo
O proceso de actuacións destinado a revitalizar o Barrio Histórico, mediante a mellora da paisaxe urbana e a renovación de servicos básicos e de fomento do tecido económico e social, realizouse nos últimos anos cun importante esforzo económico do Concello de Vigo e cunha subvención europea. Os interesados poden consultar a memoria do Urban na web municipal.
A concelleira de Patrimonio Histórico en funcións, Carme Corbalán, explicou que "o primeiro éxito destas medidas foi comprobar como á calor desta nova chama tamén acudiron outras administracións públicas e iniciativas privadas, que están a contribuír coas súas intervencións a que non se extingan as expectativas xeradas polo programa Urban". Corbalán afirmou que agora o Concello de Vigo ten o compromiso de continuar os traballos iniciados para que as diferentes actuacións teñan unha traducción clara na calidade de vida do vecindario do Barrio Histórico.
Unha das consecuencias do proceso de deterioro sufrido no Barrio Histórico foi o esvaecemento dos seus espacios públicos máis significativos. Recuperar a súa orixinal presencia e xerarquía requería de intervencións de alta calidade e que debían estar presididas pola sobriedade e a integración coherente co seu contorno. As intervencións realizadas teñen en común que inciden sobre lugares simbólicos do barrio, uns asociados á súa personalidade histórica e outros á súa vitalidade como lugares de encontro e de transición entre o barrio e o resto da cidade.
Os contornos do convento de San Francisco e dos restos das murallas do Castelo de San Sebastián, que foron obxecto de intervencións de mellora ambiental, son enclaves históricos que sufriran nas últimas décadas un notable proceso de abandono e degradación. Con semellante relevancia histórica, aínda que cunha maior dimensión como lugares de lecer, as prazas da Princesa e da Pedra foron tamén obxecto de actuacións de rehabilitación.
Contorno do convento de San Francisco
Ademais da restauración do pavimento e doutros elementos da paisaxe urbana, esta intervención tivo como obxectivo corrixir e resolver a relación deste enclave co seu contorno. Esta nova relación era xa unha esixencia derivada de intervencións públicas en zonas adxacentes, polo que era necesario un proxecto de integración do convento de San Francisco no seu novo contorno. A intervención incluíu a recuperación formal e funcional do adro da igrexa, a eliminación do tráfico da rúa Santa Marta, restrinxido exclusivamente a cerimonias relixiosas, e a adecuación da praza-miradoiro.
O límite vertical deste conxunto solucionouse con muros aplacados con pedra de cantería. No adro, praza, escaleiras de acceso e a rúa da Subida a San Francisco restauráronse os pavimentos e servicios urbanísticos.
Contorno do Castelo de San Sebastián
O ámbito desta actuación comprendeu os terreos delimitados polas rúas do Canellón do Estreito, das Hortas e do Barranco, as murallas da antiga fortaleza e o edificio do Concello. Na zona entre Canellón do Estreito e a fachada oeste da Casa Consistorial acometeuse o deslinde entre o espacio público e o edificio mediante a creación dun patio delimitado por un muro. Na área do contorno das murallas e os inmediatos bloques de vivendas o proxecto ordenou este espacio dotando a rúa da Subida ó Castelo da súa perdida importancia histórica. A intervención incluiu a adecuación do relevo dos espacios marxinais, a eliminación de restos de edificios illados en estado de ruína e as actuacións de mellora de servicios urbanísticos que acompañan á remodelación de viais e restauración de pavimentos.
Contorno do mercado da Pedra
A execución deste proxecto foi complementaria á remodelación do mercado da Pedra, un proxecto que se inclúe dentro das iniciativas relativas ós equipamentos económicos. O contorno deste popular mercado ten unha gran relevancia non só pola súa relación co recinto comercial senón porque inclúe unha praza de valor histórico que xa antano foi mercado tradicional. Este proxecto traduciuse na remodelación da praza, outorgándolle un carácter máis aberto e unha unidade formal que co tempo fora perdendo debido á acumulación de mobiliario urbano e ó seu uso para tráfico rodado. Nesta intervención substituíuse o pavimento anterior por outro de lousas de granito e executouse unha nova pasarela ó mirador, que tamén se mellorou cun novo enlousado de pedra. O uso peonil e o novo mobiliario de bancos e árbores potencia a súa vocación de zona de encontro e de paseo.
Praza da Princesa e contorno
Esta intervención levouse a cabo co obxectivo de recuperar o valor urbano deste enclave como lugar de tránsito, relación e estancia.
Para conseguir este propósito era necesario reorganizar o sistema de accesos ó aparcadoiro subterráneo e a eliminación do excesivo mobiliario urbano para crear unha maior superficie peonil e mellorar a transición entre a praza da Princesa e o seu contorno. Instalouse un novo pavimento de lousas de granito aproveitando as restauradas pezas orixinais da praza e se renovaron os servicios urbanísticos subterráneos. Elimináronse os terrados da praza e cambiouse o arborado, recuperando o primitivo aspecto deste céntrico espacio público.
Descargar todas as imaxes