Escoitar

Prosegue o programa da compañía Arte Livre coa representación de "Aurora Rodríguez e a boneca de carne"

O programa cultural de teatro con temática relativa á muller prosegue o xoves 5 de maio ás 21:00 no auditorio municipal, organizado pola Concellería da Muller e o Servicio de Normalización Lingüística, coa interpretación de "Aurora Rodríguez e a boneca de carne", dirixida por Roberto Cordovani.

mércores, 4 xuñ 2003
10547250673aurora.jpg
Cartel
A Companhia Internacional de Teatro de Repertório Arte Livre interpreta "Aurora Rodríguez e a boneca de carne" na que Roberto Cordovani, Nilton Tavares, Eisenhower Moreno e Maximiliano di Marco interpretan a historia dunha controvertida muller que co asasinato da súa propia filla conmocionou a sociedade española en tempos da Segunda República e atraeu o interese de numerosos siquiatras.

Aurora Rodríguez planeou milimetricamente o nacemento e a ríxida educación da súa filla Hildegart, ata o punto de que esta, sen saír da adolescencia, tiña publicados xa varios libros e iniciara unha carreira política nas Xuventudes Socialistas.

Sen embargo, co tempo foi independizándose nas súas ideas e a relación entre nai e filla foi deteriorándose. A historia desta nena prodixio acabou traxicamente: Hildegart, asasinada a tiros pola súa nai, e Aurora, no cárcere.

Invitacións
O Concello de Vigo repartiu invitacións para este programa de teatro entre as usuarias con menos recursos pertencentes á Rede de mulleres veciñais contra os malos tratos, á Coordinadora contra a violencia "Ovarias", ao Centro de día para mulleres prostituídas, á Casa de acollida para mulleres maltratadas e ao Centro de información da muller.

Con esta medida quéreselle ofrecer a oportunidade a 328 mulleres que se encontran en situación desfavorecida de que poidan asistiren a unha función teatral con temática específica de muller.
Descargar todas as imaxes