Rosa Regás propón actividades para organizar no Verbum-Casa das Palabras
A escritora Rosa Regás asistiu a unha reunión do Comité de Expertos do Verbum-Casa das Palabras para traballar no programa de actividades que comezará no museo a partir de setembro. O concelleiro de Cultura en funcións, Carlos Príncipe, destacou a cifra de 50.000 visitantes no primeiro mes de apertura desta nova dotación cultural situada en Samil.