Escoitar

Comeza o programa teatral de Cordovani coa estrea de "A volta do parafuso"

O programa cultural de teatro con temática relativa á muller celébrase esta semana no auditorio municipal coa colaboración da Concellería da Muller e do Servicio de Normalización Lingüística. O martes 3 de xuño ás 21:00 estréase unha adaptación de "A volta do parafuso", de Henry James.

luns, 2 xuñ 2003
1054542814q3.jpg
"A volta do parafuso"
A volta do parafuso, de Henry James

Estrea o martes 3 de xuño en Vigo seguindo en xira por Galicia, Brasil, Portugal, Alemania e Italia. Trátase dun espetáculo de suspense, que revela a estraña e misteriosa historia dunha coidadora de nenos que ao ser contratada para traballar nunha casa de campo inglesa comeza a ver pantasmas. Nun xogo psicolóxico de palabras, a tensa trama desenvólvese no torturante esforzo da coidadora de nenos e da señora Grose por decifrar os enigmas que envolven os pequenos inocentes, que acreditan estaren posuídos polos espíritos dos antigos empregados da casa.

A Companhia Internacional de Teatro de Repertório Arte Livre do Brasil, residente em Mondariz, estreouse en terras galegas en 1986, coa obra teatral en portugués "Amar, verbo intransitivo". Desde entón pasou a formar parte do panorama cultural de diversos países, cumprindo tempadas con total éxito de público e crítica con espetáculos como "Ollares de perfil (O mito de Greta Garbo)", de Roberto Cordovani e Alejandra Guibert, "Eva Perón (O espectáculo)", de Roberto Cordovani, Iolanda Aldrei e Angelo Bréa ou "O retrato de Dorian Gray" de Óscar Wilde.
Descargar todas as imaxes