Escoitar

Amigos do San Francisco Museum of Modern Art visitan o Marco

O Museo de Arte Contemporánea de Vigo recibiu a visita dun grupo da Asociación de Amigos do San Francisco Museum of Modern Art, liderados por Margy Boyd, representante do grupo, e dirixidos por Mervyn Samuel, o seu guía en España.

martes, 3 xuñ 2003
A visita inscríbese nun itinerario que o grupo está a facer por diversas cidades de España. Despois do percorrido polo Marco, o grupo dirixiuse ao Centro Social Caixanova e ao Museo do Mar en Alcabre.

O Museo de Arte Contemporánea foi seleccionado para acoller a visita dun importante grupo de coleccionistas e galeristas do programa "Major Collectors", organizado cada ano pola directora de Arco, Rosina Gómez-Baeza. O fin deste programa, que se iniciou en 1991, é conseguir que os máis destacados coleccionistas internacionais acudan a visitar a feria e os novos centros de referencia da arte contemporánea no territorio nacional. A visita ao Marco está prevista para o 14 de febreiro de 2004.

Últimos días da exposición "Vigovisións" no Marco
A exposición "Vigovisións", inaugurada no Marco o pasado 10 de abril, será clausurada o vindeiro domingo día 8 de xuño. Esta semana é a última oportunidade de visitar esta mostra, comisariada por Manuel Sendón e Xosé Luis Suárez Canal, que recolle 265 obras fotográficas de 51 artistas galegos e internacionais realizadas en Vigo entre os anos 1986 e 2000.

Lugar: salas de exposición da planta primeira do Marco
Horario: martes a domingo, de 11:00 a 20:00. Venres de 11:00 a 23:00