Escoitar

A Concellería da Muller convida a usuarias de servicios municipais a asistir ao programa teatral de Cordovani

Máis de 300 usuarias de colectivos de mulleres desfavorecidas están invitadas ao programa de teatro organizado pola Concellería da Muller e o Servicio de Normalización Lingüística que se celebra esta semana en Vigo a cargo do actor e director Roberto Cordovani.

martes, 3 xuñ 2003
As invitacións repartíronse entre as usuarias con menos recursos pertencentes á Rede de mulleres veciñais contra os malos tratos, á Coordinadora contra a violencia "Ovarias", ao Centro de día para mulleres prostituídas, á Casa de acollida para mulleres maltratadas e ao Centro de información da muller.

Con esta medida quéreselle ofrecer a oportunidade a 328 mulleres que se encontran en situación desfavorecida de que poidan asistiren a unha función teatral con temática específica de muller.

"A volta do parafuso", de Henry James, "Aurora Rodríguez e a boneca de carne" e "Belle Otero, o corpo que fala" son obras teatrais que integran este programa que se desenvolve no auditorio municipal da praza do Rei o 3, 5 e 6 de xuño ás 21:00 a cargo da Companhia Internacional de Teatro de Repertório Arte Livre do Brasil.