O Marco poderá usar os fondos do "Quiñones de León" para exposións temporais
Un convenio de colaboración entre o Concello de Vigo e o museo municipal "Quiñones de León" permitirá darlle prioridade de uso por parte do Museo de Arte Contemporánea aos fondos histórico-artísticos dependentes do museo municipal para a realización de exposicións temporais.
Mediante este convenio cederanse os fondos bibliográficos e documentais do museo municipal que polas súas características poidan resultar de interese para a biblioteca do Marco. Estenderanse as actividades culturais do Marco ao museo municipal mediante o emprego da súa sala de exposicións temporais.
Entre as obrigas que asume o Marco está a cesión do depósito-almacén para almacenamento das obras de arte do museo municipal de Vigo "Quiñones de León" que o seu director determine en razón do seu estado de conservación, interese... Ademais, establecerase un programa anual de actividades culturais conxuntas do Marco e "Quiñones de León" no que se contemple a realización de actividades culturais do centro de arte contemporánea no espacio do pazo-museo.