Escoitar

O edificio Asefal alberga o Centro municipal de formación en novas tecnoloxías da comunicación

O Concello de Vigo dispón no edificio Asefal dun centro de formación en novas tecnoloxías no que se impartirán cursos a traballadores municipais e a diversos colectivos cidadáns. O centro créase a través dun convenio subscrito entre o Concello e Telefónica Telecomunicaciones Públicas S.A., empresa encargada de equipar o local habilitado pola administración municipal.

martes, 10 xuñ 2003
10552418351Asefal1.jpg
Aula de informática
Telefónica abrirá no mesmo inmoble un espacio denominado "Navegaweb", no que calquera persoa poderá acceder a unha conexión de internet de alta calidade, experimentar con xogos en rede e outros contidos de banda larga.

O Concello pretende desenvolver nestas novas instalacións diversos cursos para o persoal municipal co obxectivo de formalo para a utilización das tecnoloxías da información. Desa maneira poderanse ampliar os servicios que presta a administración municipal a través da rede e afrontar unha reorganización administrativa do Concello apoiada na utilización das novas tecnoloxías.

O concelleiro en funcións Henrique Vieitez destacou a preocupación constante na formación e capacitación do persoal do Concello de Vigo para mellorar a súa eficiencia. José Manuel Castellanos, responsable de Telefónica, sinalou o sistema de tarifas bonificadas destinado aos residentes de Vigo para favorecer o acceso ás novas tecnoloxías.

O Centro de formación municipal servirá tamén para impartir cursos sobre a utilización das novas tecnoloxías da información dirixidos a colectivos como xoves, persoas maiores ou asociacións cívicas e sociais. Desta forma, o Concello pretende divulgar o coñecemento das novas tecnoloxías e fomentar o seu uso entre a poboación.

As novas instalacións dispoñen de 77 postos de ordenador conectados a internet mediante liñas ADSL, integrados nun mobiliario ergonómico e contan con pantallas planas de última xeración. Para a conexión a internet en banda larga, disponse de liñas ADSL de 2 Mbs. conectadas a unha rede de área local. Este sistema, que permite a navegación pola rede en condicións óptimas, resulta así unha excelente demostración práctica das prestacións da tecnoloxía ADSL aplicada á conexión simultánea a internet de varios postos de traballo.

O centro contén no primeiro andar unha aula virtual onde se ofrecerán os cursos do Instituto Nacional de Administración Pública, outra sala con conexión vía satélite para impartir clases a distancia e outra aula de formación tradicional cunha rede interna con infraestructura tecnolóxica.
10552418351Asefal1.jpg
10552418881Asefal2.jpg
10552421071Asefal2.jpg
Descargar todas as imaxes