Escoitar

Caballero: “A mobilización dos remanentes significa 2,5 puntos de crecemento do PIB e do emprego”

O alcalde de Vigo e presidente da FEMP anunciou que esta tarde, no marco da CNAL, coñecerase o grao de cumprimento de débeda pública, regra de gasto e estabilidade orzamentaria dos gobernos locais. Para Caballero, a presenza da FEMP na próxima Conferencia de Presidentes Autonómicos, co presidente do Goberno e a presidenta da Comisión, “significa que as entidades locais van estar presentes nos fondos europeos”.

luns, 5 out 2020
O alcalde, en rolda de prensa.
O alcalde, en rolda de prensa.

O alcalde de Vigo e presidente da FEMP, Abel Caballero, dixo hoxe que a utilización dos 14.000 millóns de euros de remanentes por parte dos gobernos locais nos cidadáns dos seus territorios vai significar “máis de 2,5 puntos de crecemento do PIB de España; e facendo unha translación, suporá un aumento doutros 2,5 puntos no emprego”.

Así o asegurou tras anunciar a súa participación, esta tarde, na Comisión Nacional de Administración Local (CNAL), o órgano permanente de colaboración entre a Administración Xeral do Estado e a Administración Local, na que presidirá a representación local. As ministras de Política Territorial, Carolina Darias, e de Facenda, María Jesús Montero, presidirán a representación do Executivo.

Será un encontro telemático no que “imos coñecer o grao de cumprimento os concellos en débeda pública, regra de gasto e estabilidade orzamentaria, á vez que nos van a informar da activación desde Europa da cláusula de salvagarda do pacto de estabilidade e crecemento”, explicou o presidente da FEMP.

Caballero mostrou a súa satisfacción coa decisión tomada desde Facenda en relación co uso dos remanentes, unha decisión da que tivo “coñecemento previo”, e tamén apreciou “as medidas que está a tomar en relación coas entregas a conta e a liquidación de 2018 -1.600 millóns de euros-,o fondo de transporte, así como retomar o fondo anterior e estudar a súa dedicación”.

Participación en fondos europeos

Doutra banda, Abel Caballero destacou a súa presenza o próximo 26 de outubro, “representando á FEMP e a 8.131 concellos” na Conferencia de Presidentes, do presidente do Goberno de España e dos presidentes autonómicos con presenza da presidenta da Comisión Europea, Úrsula von der Leyen. “É a primeira vez que sucede que un presidente da FEMP participa nese nivel, E iso ten unha lectura: imos estar presentes nos fondos europeos”, aseverou.

“E iso, coa eficacia que teñen os Concellos para investir na dirección correcta e xeral emprego, aumentar produtividade, acción verde, axenda urbana, etc, ponnos de novo na capacidade de seguir activando a economía española”.

Descargar todas as imaxes