Escoitar

O Concello dedica 2,5 millóns de euros a humanizacións no rural

A Xunta de Goberno Local aprobou este venres os proxectos de humanización de 22 rúas da área rural e, na contorna urbana, o proxecto de humanización das rúas Julia Minguillón e Vista Alegre que ten un orzamento superior a un millón de euros.

venres, 2 out 2020

O alcalde informou en rolda de prensa dos acordos adoptados na Xunta de Goberno que inclúen a aprobación de vinte e dous proxectos de humanización en vías do rural por un importe total de 1 millón de euros, que se realizarán con cargo ao convenio asinado coa Deputación de Pontevedra. Acometeranse na rúa Tarrío de abaixo, Coruxo; rúa Sanguiño, Cabral; rúa Castro, Matamá; rúa Canabido, Oia; Baixada Pontillón, Castrelos; Camiño Outeiro, Matamá; Camiño da Traída de Augas, Teis; Camiño De Paraixal de Arriba, Teis; Camiño Gándara, Saiáns; Camiño Esteriz, Oia; Camiño do Vilar, Matamá; Camiño do Carro, Castrelos; Avenida de Galicia, Teis; Calle Salgueiro, Candeán; rúa Loureiro, Cabral; rúa Gondarisco, Cabral; Moo, Matamá; Camiño da Sorrego, Cabral; Camiño Longra, Coruxo; Camiño do Monte, Castrelos; Camiño Centieira, Castrelos e Camiño da Barxa, Matamá.

O goberno municipal ten tamén en marcha outras once humanización na contorna rural de Vigo por importe de 1,5 millones de euros do orzamento municipal na Primera Travesía de Guixar-Teis, Estrada do Freixo-Valadares, Camiño do Laranxo, Rúa dos Foxos-Teis, Rúa dos Curros-Lavadores, Rúa Subride, Rúa do Areeiro, Rúa das Fontáns, Praza da Feira, Camiño Brea Beade e na Rúa Costa Gándara. Caballero salientou o investimento do Concello nestas humanización que ascende a 2,5 millóns de euros.

A Xunta de Goberno aprobou tamén o proxecto de humanización das rúas Julia Minguillón e Vista Alegre, que ten un importe de 1.071.000 euros que inclúen a renovación da pavimentación, nova rede de abastecemento, rede de saneamento separativa, nova rede de alumeado e de rego e nova xardinería e mobiliario urbano mantendo o arborado existente. O rexedor explicou que na rúa Vista Alegre vai retirarse o muro existente, establecendo zonas verdes ata o parque María Xosé Queizán e farase unha zona de tránsito exclusivo de peóns. O prazo estimado de execución das obras é de seis meses.