Escoitar

O alcalde destaca o éxito do Festival TerraCeo tras reunir este verán a máis de 14.000 espectadores

Máis de 14.000 espectadores e 50 artistas pasaron este verano polo Festival Terraceo celebrado no Auditorio Mar de Vigo. O alcalde fixo balance este luns da cita cultural coa música que tamén levou ata o seu escenario a 15 artistas locais.

luns, 5 out 2020

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, fixo este luns balance do Festival TerraCeo celebrado o pasado verán no Auditorio Mar de Vigo, onde houbo unha asistencia superior aos 14.000 espectadores nos 37 concertos ofrecidos por 50 artistas.

“Foi música ao aire libre con grandes artistas e tivo o nivel global de un gran festival de referencia en toda España, xerou emprego e actividade”, sinalou o rexedor. Caballero engadiu que xa se traballa na segunda edición e apuntou que “confío en que o vindeiro verán sexa unha etapa máis normalizada e poidamos retomar o concertos de Castrelos engadindo o TerraCeo e festivais por toda a cidade”.

Pola terraza do Auditorio Mar de Vigo pasaron artistas consagrados como Kiko Veneno, Ariel Roth, Leonor Watling o Alejo Stivell, pasando polas oportunidades que o festival brindou a catorce artistas locais como Babykatze, Xoana, Tinta ou Frans Bansfield. 


Moitos dos artistas que pasaron polo festival esgotaron as entradas en poucos minutos, co que tiveron que realizar unha segunda actuación, como foi o caso de Love of Lesbian, Amaral, Pablo López, Izal, M-Clan ou Los Secretos. Nalgún caso, ante a gran demanda de entradas, programouse algunha sesión vermú matinal con enorme éxito, como foi o caso da banda Miss Cafeína. 
Concertos de bandas como Viva Suecia, Carlo Sadness ou Marlango tamén esgotaron as entradas.