Escoitar

Xuventude patrocina a celebración do "Día do mozo" de Coia

A cuarta edición do "Día do mozo" celebrarase o sábado 31 de maio con variadas actividades que principiarán ás 12:00 e concluirán ás 20:00 co concerto Rockoia. O concelleiro de Xuventude, Santiago Domínguez, enxalzou a implicación dos colectivos de Coia neste proxecto de dinamización.

venres, 23 mai 2003
1053691111coia12.jpg
Presentación do acto
Domínguez dixo que o obxectivo desta xornada é amosar o traballo desenvolvido polos colectivos de Coia para organizar estas actividades destinadas á mocidade. Sinalou o éxito conseguido nas pasadas edicións debido á boa organización e felicitou á Asociación Camiño Vello.

Kundalini, títeres, baile galego, patinaxe, ballet, danza moderna, ximnasia rítmica e tai-chi son algunhas das propostas para celebrar o "Día do mozo". Ás 20:00 realizarase un sorteo e haberá un tren que percorrerá a avenida Castelao para visitar os distintos postos.

As mascotas Nico e Nica, que obtiveron os nomes a partir dun sorteo celebrado tralas visitas aos centros escolares de Coia, tamén estarán presentes para amenizar os actos. A actuación de Leokocitos, Corva e Barrenada pechará a xornada.
Descargar todas as imaxes

Máis información