Escoitar

Aberto o prazo para inscribirse nos cursos para mulleres sobre "Saúde e calidade de vida"

A Concellería de Muller continúa coa programación dos cursos sobre "Saúde e calidade de vida: autocoñecemento e crecemento persoal” e abrirá o prazo de inscrición para un novo curso impartido pola Escola de Mulleres Simone de Beauvoir.

venres, 23 mai 2003
Co título “Reafirmación persoal e identidade, a propia valía e a autoestima” ofreceranse contidos como percepción e vivencia corporal, o amor, o guión da vida e o cambio. Terá unha duración de 24 horas impartirase nas fines de semana do 14-15 e 21-22 de xuño de 2003.

O horario será os sábados de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas, os domingos de 10:00 a 14:00 horas. O prazo de inscrición vai dende o 2 ao 11 de xuño, ambos incluídos.

As destinatarias son mulleres maiores de 18 anos, empadroadas no concello de
Vigo que non realizase con anterioridade este curso. As interesadas en inscribirse poden dirixirse á oficina da muller, na primeira planta do Concello de Vigo, en
horario de 8:00 a 14:00 horas. Máis información no teléfono 986-810284 ou a través do fax 986-430082.