O alcalde denuncia que a Xunta paraliza os asfaltados de Areal e o entorno da Alameda
O Concello vén de recibir o escrito que sinala que os pavimentados de Areal, Luis Taboada, Carral e Victoria precisan de autorización de Patrimonio Histórico, cando o informe da arqueóloga municipal exime das catas ao tratarse de renovar o asfalto, como se fixo na Praza de Compostela. Abel Caballero censurou unha "agresión continua a Vigo" por parte da Xunta de Galicia.
O alcalde criticou hoxe venres a decisión da Xunta de Galicia, considéraa no "rango do escándalo" por requirir autorización de Patrimonio para unha renovación de asfalto que non suporá afondar máis de 20 centímetros no solo. Caballero anotou que o informe da arqueóloga municipal non ve necesario realizar catas e recordou que a Xunta non esixiu o seu permiso na obra da Praza de Compostela, na que se baixou ata os 80 centímetros.
O alcalde afirmou que as melloras proxectadas polo Concello en Areal -xa contratadas cun orzamento de 320.000 euros- supoñen a retirada do actual firme e a súa substitución por unha nova capa de pavimento, e preguntouse "que risco ten iso para a arqueoloxía se o que hai xa é asfalto".
Pola súa banda, e en relación ás rúas Luis Taboada, Carral e Victoria, o alcalde manifestou que a Xunta de Galicia non demandara autorización por patrimonio na renovación da Praza de Compostela, onde o Concello baixou uns oitenta centímetros de profundidade. En cambio, a Xunta si esixe autorización no cambio de pavimento das tres rúas do seu entorno, nas que o Concello prevé retirar a lousa de pedra actual e cinco centímetros máis da súa base -en total, uns 20 centímetros de profundidade- para dispoñer un novo firme.
Rural
Por outra banda, e tamén relacionado con pavimentacións, Abel Caballero advertiu da realización destes traballos en varias rúas do rural, que poden causar afeccións no tráfico. O Concello acomete obras en Candeán, Teis, Valladares, Oia, Saiáns, Comesaña, Bembrive, Sárdoma, Coruxo, Alcabre, Matamá, Beade, Cabral e Lavadores.