Escoitar

Nacionalistas e socialistas solicitan á Xunta e Deputación inversións en emprego para complementar o Plan de Emprego Municipal

Na sesión plenaria desta mañá aprobouse unha moción do BNG que insta á Xunta e á Deputación a incluir nos seus respectivos orzamentos partidas que igualen a contía que adicou o Concello de Vigo este ano. O texto contou co apoio do PSOE e o voto en contra do PP.

luns, 26 nov 2012
O voceiro do BNG, Santiago Domínguez, foi o encargado de defender unha moción que insta aos responsables políticos da Xunta e da Deputación a que contemplen nos seus vindeiros orzamentos sendas partidas de igual contía, como mínimo, como as que se destinaron nos orzamentos municipais de 2012. Durante a presentación do texto, que contou cos votos a favor do PSOE e en contra do PP, o edil nacionalista lembrou que o Plan de Emprego Municipal achegou máis de 6 millóns de euros en distintas actuacións con colectivos da cidade, así como potenciando a contratación de desempregados.