Escoitar

O Pleno insta á Xunta e á Deputación a manter o servizo de teleasistencia para maiores

Os votos de socialistas e nacionalistas deron luz verde a unha moción que rexeita a retirada do servizo de teleasistencia para os maiores. O Pleno tamén esixiu ao Goberno Central e Autonómico a dar marcha atrás aos recortes en materia educativa.

luns, 26 nov 2012
O PSOE e o BNG uniron os seus votos para censurar ao Ministerio de Sanidade e Servizo Sociais pola eliminación da partida adicada á telaasistencia. Na mesma moción, defendidda pola socialista Isaura Abelairas, instase á Xunta e a Deputación a matner este servizo, sufragando o seu custo e mantendo os convenios cos concellos na mesma proporción actual. Durante a súa intervención, a concelleira de Benestar Social lembrou que o PP retirou unha partida de 32 millóns de euros do Imserso adicada a este servizo de teleasistencia. En todo o Estado, este servizo é usado por máis de 131.000 persoas e en Vigo preto de 500.