Rivas cifra no 90% os expedientes resoltos en 2011 pola Comisión de Suxestións e Reclamacións
O edil socialista, presidente desta Comisión sobre o funcionamento da administración local, recordou este luns que en 2007 se resolveron un 54%. O Valedor do Cidadá, Luis España, expuxo no Pleno o seu informe de 2011, ano no que os expedientes pechados superaron por primeira vez aos abertos.
O concelleiro de Distritos, Parques e Xardíns, Ángel Rivas, presentou este luns perante o Pleno da Corporación o informe anual da Comisión Especial de Suxestións e Reclamacións sobre o funcionamento da Administración Local, balance que arroxa un "forte crecemento" no número de felicitacións ao "excelente traballo" do goberno de Vigo, en verbas de Rivas, exemplificado na porcentaxe de queixas resoltas, que pasou do 54% do ano 2007 ao 90% de 2011.
O edil salientou que os distintos departamentos municipais rebaixaron o tempo de resolución dos expedientes xestionados desde a Comisión, pasando de 240 días de media en 2007 aos 85 días do pasado ano. Ángel Rivas detallou que as concellerías de Fomento, Transporte, Mobilidade e Seguridade, e Parques e Xardíns son as que canalizan o maior número de expedientes tramitados pola Comisión. O socialista apuntou que o número de felicitacións á Alcaldía triplicouse en 2011 con respecto ao ano anterior.
Valedor do Cidadá
O Pleno da Corporación tomou coñecemento este luns do informe anual do Valedor, Luis Espada, correspondente ao 2011, ano no que o número de expedientes resoltos superaron por primeira vez aos abertos, segundo explicou Espada, quen felicitou aos departamentos de Medioambiente, Educación, Participación Cidadá, Política de Benestar e Servizos Xerais polo seu traballo e colaboración coa institución.
Espada revelou un "tapón" existente na Xerencia de Urbanismo debido a 16 expedientes abertos entre 2006 e 2008 aínda pendentes de resolució, así como outros 15 iniciados entre 2006 e 2009 no departamento de Transporte, Mobilidade e Seguridade. O Valedor avanzou que, de pecharse, o nivel de resolución desde 2002 acadaría o 96%, un dos máis altos destas entidades locais en España. Actualmente a cifra sitúase no 90,4%.