Caballero explica en Madrid as razóns que converten Vigo nunha smart city
O gobeno local vai seguir traballando para que Vigo sexa cada vez máis intelixente e máis sostible. Así o dixo Abel Caballero nunha ponencia que ofreceu hoxe mércores en Madrid dentro da xornada sobre smart cities: Novos retos na xestión das cidades do futuro, organizadas polo diario Expansión.
O rexedor expuso hoxe en Madrid os logros que teñen convertido a Vigo nunha smart city, é dicir, unha cidade intelixente, sostenible e socialmente válida. Dentro do da xornada: "Novos retos na xestión das cidades do futuro" organizada polo diario expansión, Caballero avanzou nesta época de crise, estar dentro desta plataforma de futuro é un reto de eficiencia, aforro e sostenibilidade.
Comezou falando do Plan de aforro e eficiencia enerxética que pasa polo uso de enxerxías renovables e eficiencia na utilización das instalacións municipais. Este plan, indiciu, incluíu un proxecto de iluminación pública 2011, un estudio de viabilidade de vehículos eléctricos para servizos municipais, un proxecto Life+ relativo ao aforro enerxético en edificios públicos, a elaboración dunha auditoría enerxética nas escolas infantís e un programa operativo Feder-Galicia 2007-2012.
No tocante á xestión de augas e, concretamente, ao saneamento, Caballero destacou o sistema de telecontrol en dous depuradoras que tratan as augas residuais e os outros tres colectores existentes para xestionar de xeito integrado todas as instalacións. Tamén existe a recollida en tempo real, comunicación automática de alarmas vía sms, almacenamento de información para análise e consulta. Tamén está implantado un sistema de información xeográfica (GIS) que recoñece as infraestructuras das redes de abastecemento e saneamento do servizo integral de Vigo.
Respecto do abastecemento, Caballero falou da automatización do control de presión coa redución de presións nocturnas, contadores das instalacións municipais para controlar consumos e renovacións de redes de abastecemento ou o telecontrol do mesmo. Estas medidas, dixo, supoxeron a diminución no consumo de auga de máis de 4 millóns de metros cúbicos, suficiente para abastecer un ano unha cidade de 50.000 habitantes.
Tamén se referiu ás humanizacións dentro da mellora da calidade de vida dos cidadáns a través dun plan director que inclúe como parámetros a seguir: o estado do abastecemento e saneamento, o pavimento das rúas e calzada, as instalacións do alumeado público, a eliminación de barreiras arquitectónicas ou a eficiencia no tráfico.
En conclusión, Caballero subliñou que Vigo é unha cidade do futuro que actúa nos principais elementos integrantes dunha smart city: mobilidad, persoas, economía, mediambiente, goberno e habitabilidade. Avanzou que o goberno local vai seguir traballando para que Vigo sexa cada vez máis intelixente e sostible.
Descargar todas as imaxes