O concelleiro de Deportes suliña a "excelencia" do Memorial Belarmino Alonso, para atletas federados, este domingo acarón do campo da Xunqueira
O Memorial Belarmino Alonso de cros, que se disputa este domingo, volverá ser a referencia atlética galega neste inicio da tempada de campo a través e contará cunha inscrición "de nivel para unha proba de excelencia", segundo explicou o concelleiro de Deportes, Manel Fernández, durante a presentación da carreira.
A edición número 34 deste memorial, reservado para os e as atletas federados, mellora en participación de calidade, asegurou Belarmino Alonso, presidente do Comesaña Sporting Club, entidade organizadora da carreira, na que xa anunciaron que competirán o portugués Carlos Costa, campión en 2010, ou Alejandro Fernández, atleta do novo New Balance e gañador de moitas probas populares en ruta este ano (Vigo, Ourense, Cambados, Vilagarcía, Noia...) xunto ao elenco de corredores e corredoras da case centenaria entidade viguesa como Patricia Mendes, Sara Pérez ou Soledad Castro ou Paula Mayobre (Bikila) e María Jesús Gestido.
Co patrocinio do Concello e a Deputación, a proba, que comezará este domingo 25 ás 10:30 horas no circuíto da Xunqueira, gaña de novo o seu status de "cros con soleira", explicou Eleuterio García, en representación da delegación viguesa da Federación Galega de Atletismo, dentro do moi reducido calendario desta modalidade en Galicia.
O concelleiro de Deportes subliñou que o atletismo é "unha das referencias do deporte local" e que conta co apoio municipal, á vez que manifestou que o Belarmino "vai tendo cada vez maior volume de participación e de expectativas". Uns 500-600 atletas poden reunirse este domingo na que será terceira oportunidade consecutiva que a proba se corra sobre este circuíto anexo ao campo de fútbol da Xunqueira, que é o sexto trazado do memorial dende que en 1978 celebrouse en Castrelos.
O club amosou o seu agradecemento público ás institucións (Concello e Deputación), pero tamén ás entidades pequenas que colaboran cun evento dotado con 2.820 euros en premios para os cinco primeiros clasificados na categoría absoluta masculina e feminina (600 para o campión masculino, mesma cantidade para a gañadora).
Nesta edición, o novo New Balance volta ao Memorial, que gañou por última vez en 1996 en categoría masculina e en 1993 na feminina.
Descargar todas as imaxes