O Auditorio Mar de Vigo acolle o I Espectáculo de Baile e Música tradicional "Traspés"
"De serán en Romaría" é o espectáculo que o grupo Traspés leva ao Auditorio Mar de Vigo o próximo 25 de novembro. A concelleira de Cultura, Isaura Abelairas, animou a toda a cidadanía a disfrutar dunha mestura ideal entre baile tradicional e novas tendencias interpretado por un grupo que arrancou en Vigo no 2009.
A concelleira de Cultura, Isaura Abelairas, presentou hoxe mércores o que vai ser o I espectáculo de baile e música tradicional Traspés. Baixo o título De serán en romaría, os case 50 membros deste grupo mesturarán á perfección o baile tradicional coas novas tendencias ao longo dun espectáculo "grandioso" que comezará ás 21,00 horas no Auditorio Mar de Vigo o próximo domingo 25 de novembro. Tal e como explicaron os membros do grupo presentes na rolda de prensa, Traspés é un grupo que naceu en Vigo en 2009 con xente que leva moitos anos na investigación da nosa etnografíá e folklore tradicional. O fío conductor da obra é un home de 70 anos, Manolo de Toutón, que lembra toda a súa mocidade percorrendo Galicia co seu tambor para acompañar ao seu tío Serafín, "o gaiteiro do Condado".
Descargar todas as imaxes