Escoitar

O alcalde opónse á ampliación do porto deportivo de Canido, que "pon en perigo" as praias

Despois dunha reunión con veciños de Canido, Abel Caballero opúxose este luns ao proxecto de implantación de instalacións náutico-recreativas no Porto de Canido, que poñen "en perigo" ás praias. Caballero comparte á preocupación da veciñanza e asegurou que a ría de Vigo ten exceso de prazas de atraque.

luns, 8 out 2012
1349697690reunioncanido.JPG
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, manifestou non entender nin o proxecto nin os seus obxectivos, recordou que a ría presenta excedente de prazas de atraque e solicitou a renuncia a este proxecto de todos os candidatos á Presidencia da Xunta de Galicia nos próximos comicios autonómicos do 21 de outubro.

O informe municipal da Xerencia de Urbanismo, "absolutamente negativo" por cuestións ambientais, indica que a implantación destas instalacións náutico-recreativas "pon en perigo" a praia de Canido, ademais de temer que a "xigantesca" ampliación poida ter "danos irreparables" á morfoloxía das praias do entorno.

Por outra banda, segundo esgrimiu Caballero, non consta aprobación do Plan de Utilización de Espacios Portuarios nin do Plan Especial de Ordenación do Porto "polo que non ten cobertura legal". O alcalde explicou que a veciñanza de Canido ve con preocupación este proxecto polo risco que suporía para as praias de Canido e Toralla, inquedanza que Caballero comparte por ser un "gravísimo erro".
Descargar todas as imaxes