O Pleno esixe da Xunta de Galicia que garanta unha educación pública "de calidade"
A Corporación aprobou este luns demandar do goberno autonómico que elimine a concentración de alumnado de Infantil co de Primaria e que dote aos centros de persoal e recursos para "garantir unha educación pública de calidade", particularmente na atención ao alumnado con necesidades especiais. O texto tamén solicita anular a subida do IVE ao material escolar.
A moción, presentada polo grupo municipal do BNG e aprobada cos once concelleiros do PSdeG e a oposición do PP, dnuncia que a medida da Xunta de Galicia de concentrar ao alumnado de Infatil co de Primaria supón un "retroceso", non ten o apoio da comunidade educativa e afecta "á conciliación da vida laboral e familiar".
O texto aprobado polo maioría dos corporativos vigueses indica que a política educativa do goberno autonómico reduciu as bolsas para o alumnado, as axudas aos comedores, ao transporte e o número de profesores do ensino público, mentres que "incrementou as unidades escolares concertadas e as subvencións encubertas as mesmas".
Unha enmenda dos socialistas, aceptada polo BNG, sumou ao acordo pedir do Goberno de España a anulación da subida do IVE ao material escolar e do Goberno de Galicia que inclúa nos seus orzamentos un programa de axudas para as rendas máis baixas e/ou desempregados para materiar escolar.