Samil, único areal de Galicia que terá este verán todos os Campionatos de Galicia de deportes de praia
Samil volve a ser, como ocorre dende hai dez anos, principal referencia do deporte da cidade no verán. Dende este sábado e durante todo o mes de xullo, seis probas deportivas específicas de praia para mayores de 16 anos (o volei praia supero 80 é para +35) e unha exhibición de cachibol para xente mayor (12 e 19 de xullo) tomarán o Vigoarena, a instalación polideportiva que se sitúa no areal vigués nesta época estival e pola que xa pasaron máis de 10.000 deportistas nunha década.<br /> <br />
"Vigo é unha referencia do deporte e o noso compromiso é seguir apostando por el", apuntou Manel Fernández, concelleiro de Deportes, durante a presentación no Concello do programa "Verán deportivo", que agrupa as modalidades en disputa.
Volei praia (30 de xuño e 1 de xullo), tenis praia (7 e 8 de xullo), balonmán praia (14 e 15 de xullo), fútbol praia (20 ao 22 de xullo), foot volei (25 de xullo) e volei praia super 80 (25 de xullo) son as modalidades, para as que os equipos pódense inscribir en Decathlon ou na web de Evento Global, a firma organizadora que conta co patrocinio do Concello (www.verandeportivo.com ou www.vigoarena.com).
"Temos un recinto único que aglutina deporte de calidade", dixo Juan Carlos Andrés, responsable da firma organizadora e que asegurou que "Samil é o único areal en Galicia que ten unha proba de cada unha das competicións autonómicas oficiais que se xogan na praia".
Á rolda de prensa acudiron María Troncoso, por Begano (Coca-Cola), e María Sánchez, en representación de Rodosa, xa que estes campionatos teñen tamén apoio privado. "Este evento require esforzo e dedicación e ademais gústanos apoiar ao deporte", subliñaron.
Todos os Campionatos de Galicia en xogo (volei praia, volei super 80, balonmán praia, fútbol praia e tenis praia) son tamén Torneo Cidade de Vigo. O balonmán, ademais, é Memorial Roberto García Fuentes.
Descargar todas as imaxes