O Concello colabora coa 38 edición da Feira do Libro que comeza este venres na Praza Compostela
A concelleira de Cultura, Isaura Abelairas, enfatizou hoxe xoves a necesidade de que as administracións sigan a apoiar á cultura, nunha época de "grandes"dificultades económicas como a que estamos a atravesar durante a presentación da Feira do Libro de Vigo. Acompañada pola delegada da Xunta, María Xosé Bravo Boch, e os representantes da Federación de Libreiros de Galicia, Abelairas desexó éxitos á 38 edición do certame que estará na Praza de Compostela ata o próximo día 8 de xullo.
A Feira do Libro de Vigo abre mañá venres a súas portas na Praza de Compostela ata o próximo día 8, así o avanzou hoxe a concelleira de Cultura, Isaura Abelairas, acompañada pola delegada da Xunta, María Xosé Bravo Boch, Xurxo Patiño, e Antonio Fernández, presidente e coordinador da Federación de Libreiros de Galicia, respectivamente. Durante a rolda de prensa de presentación da que será a 38 edición deste certame, Abelairas destacou a obriga das administracións a seguir apoiando a cultura "nesta época de grandes recortes", amosando o "absoluto" compromiso do Concello con iniciativas culturais tan consolidadas como a Feira do Libro.
Desde a Federación de Libreiros de Galicia confían no éxito da edición, e que se superen os 30.000 visitantes do anos pasado. Nesta ocasión, se instalarán 18 casetas. Participan 10 librarías, de Vigo, Pontevedra e Santiago, e 5 editoriais, ademais da Deputación de Pontevedra, e as bibliotecas Central e Neira Vilas.
O pregón correrá a cargo de Xosé Neira Vilas e o acto de inaguración contará coa actuación do grupo de gaitas e baile CC Becerreira, de Cabral. Tal e como explicaron os organizadores, ao longo do evento, presenteránse 17 novidades editoriais e contarse coa asinatura de 30 autores.
Como actividades paralelas, destacan as actividades infantís e para adultos, como obradoiros, globoflexia, maquillaxe, contacontos, maxia, recitais, actuacións musicais, catas de viño, ademais da exposición Vacas, de Xurxo Lobato, ubicadada desde hai uns días na mesma Praza Compostela.
Os libreiros puxeron en valor o desconto do 10% nas ventas, así como sorteos de lotes de libros entre os clientes.
Descargar todas as imaxes