Escoitar

Serrat e Sabina chegarán o 16 de agosto ao Ifevi con "Dos Pájaros Contraatacan"

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou hoxe xoves o "gran" concerto do verán, da man dos cantautores Joaquín Sabina e Joan Manuel Serrat. A posta en escena de "Dos Pájaros Contraatacan" será o 16 de agosto no Ifevi, con entradas a 30 euros.

xoves, 28 xuñ 2012
1340885477sabinaserrat.jpg
O día 16 de agosto o recinto feiral do Ifevi será o escenario ao que se subirán Joaquín Sabina e Joan Manuel Serrat para protagonizar o "gran" concerto do verán. O rexedor presentou hoxe xoves, o "mellor espectáculo musical do verán en toda España", acompañado polo responsable do Ifevi, Arsenio Prieto. As 10.000 entradas para Dos pájaros contraatacan sairán á venta a 30 euros a partir do próximo luns 2 de xullo.

Tal e como explicou o rexedor, o Concello patrocina e contrata o concerto o que permite, exemplificou, que o prezo sexa moito menor que noutras cidades, como A Coruña, que acollerá este mesmo espectáculo uns días despois. Rematou a presentación agradecendo a Arsenio Prieto a súa colaboración como responsable do Ifevi, unha institución con moito peso na actividade económica da cidade.
Descargar todas as imaxes