Escoitar

O Concello retoma a vixilancia policial en Cíes durante as fins de semana

O alcalde informou hoxe xoves que este fin de semana retómase a vixilancia da Policía Local nas Illas Cíes, de venres a luns, durante a etapa estival. O obxectivo desta medida, afirmou Caballero, é preservar as condicións medioambientais do Parque Nacional e velar pola seguridade e a convivencia dos visitantes.

xoves, 28 xuñ 2012
Abel Caballero anunciou este xoves que unha patrulla da Policía Local de Vigo retomará os traballos de vixilancia nas Illas Cíes, un servizo especial de verán dispoñible nas fins de semana e nos días entre semana que se considere oportuno.

Segundo explicou o primeiro edil, a finalidade desta acción é "preservar" as condicións naturais e medioambientais do Parque Nacional e "velar pola seguridade" e a convivencia dos visitantes.