O goberno local instalará unha pantalla xigante en Castrelos para seguir a final da Eurocopa
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou hoxe xoves a decisión de instalar unha pantalla xigante no parque de Castrelos para seguir a final da Eurocopa que enfrontará a España con Italia ou Alemaña, o próximo domingo. O alcalde animou á cidadanía a participar desta "gran festa do fútbol".